apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
 
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image

A FONSAGRADA - LUGO RURAL

O Concello de A Fonsagrada atópase ubicado no extremo centro-oriental da provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitúe unha fronteira natural con Asturias.

É un concello de relevo moi accidentado, polo que abundan as paisaxes de fortes pendentes e acusados contrastes altitudinais entre as zonas de val e as cotas máis elevadas, que chegan a alcanzar os 1201 m. Aparece regado por dous ríos: o Rodil e o Navia.

Dadas as características da montaña, é natural que dende calquera dos seus cumes sexa posíbel gozar das vistas máis pintorescas e de inigualábeis panorámicas. Configúrase así como un dos concellos máis fermosos de Galiza, onde os deportes e as actividades ao aire libre atopan aquí un marco idóneo.

Clima

A situación interior e a elevada altitude media, dan lugar a un clima de montaña cunha temperatura media anual de 8º C, como consecuencia dun inverno frío e un verán moderado. As precipitacións, eventualmente, son en forma de neve.

Situación

Linda ao Norte co Concello da Pontenova e o asturiano de Taramundi; polo Leste cos tamén asturianos de Santa Eulalia, San Martín e Vilanova de Oscos, Grandas de Salime e San Antolín de Ibias, ademais do lucense de Negueira de Muñiz; polo Sur con Navia de Suarna e polo Oeste cos de Baleira e A Ribeira de Piquín.

Distancias aos principais núcleos de poboación cercanos :

  • Á Ribeira de Piquín (Chao do Pousadoiro): 24 Km.

  • A Grandas de Salime: 28 Km.

  • A Santa Eulalia de Oscos: 25 Km.

  • A San Antolín de Ibias: 45 Km.

  • A Meira: 36 Km.

  • A Navia de Suarna: 29 Km.

  • A Taramundi: 60 Km. por Santalla e A Garganta, e 63 pola Pontenova.

  • Á Pontenova: 55 Km.

Extensión

Hai que destacar o feito de que A Fonsagrada, cunha superficie de 438 Km 2 , é un dos concellos de maior extensión de España, o segundo, e o primeiro de Galicia.

Cultura

As abundantes e diversas testemuñas arqueolóxicas localizadas ata o presente nas terras do concello dan fe da antigüidade da ocupación da zona e, tal vez, da intensidade desta temprana ocupación. Atestíguano cen mámoas, e 84 asentamentos castrexos.

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbera poboadores (oestrimnios) hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa ubicación na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como a da aldea de Montouto, mandado construir por Pedro I “O Cruel”, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construido a carón de outro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formaron parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao año 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha grande loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo victoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1833 e 1847. Co trunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Natureza

A riqueza natural deste Concello fai sen dúbida destas paraxes un lugar especialmente apropiado tanto para o disfrute paisaxístico dos seus múltiples hábitats como para a observación de infinidade de especies animais e vexetais no seu estado natural.

Habitan tamén nestas terras numerosas especies endémicas e de especial interese como poden ser : Londra, a pequena e orixinal toupa de río, o leirón careto, o esquío ou o lobo entre os mamíferos, a píntega galega e o lagarto de auga entre los herpetos (anfibios e reptís), todos eles incluidos no Libro Rojo de la Fauna Ibérica a efectos da súa conservación. A Toupa de río tamén coñecida como auganeira, furapresas, augadana, toupeira de auga, rato almiscreiro ou rato de almizcre

Entre as especies vexetais cabe destacar o acevo, o teixo, o escornabois, pero sen dúbida as esplendorosas fragas de carballos e castiñeiros, as que acompañan os ríos ao longo dos seus cursos e os extensísimos piñeirais dentro dos cales se pode sentir e respirar a tranquilidade e a paz que temos roubada polos continuos ruídos dos coches e as máquinas.

É recomendábel visitar a Fraga de Carballido, unha fraga mixta incluída na Red Natura 2000, así como os bosques do Rodil e Maderne. A fraga de Pedra en Freixo, a de Brañela de Pacios, a de Monteseiro e a masa boscosa mixta do Invernal, completan unha amplia gama de posibilidades de gozar dos recursos naturais da Fonsagrada.

Na actualidade estanse a realizar varios estudos sobre as especies e os hábitats que conforman estes lugares na aula da Natureza, “Aula Verde” situada na Granxa, incluída no programa de medio ambiente da Xunta: “Vive ao natural”, que permite visitas guiadas concertadas previamente coa Consellería de medio ambiente.

Sempre respetando a natureza, xestiónanse tamén a pesca e a caza dos animais que comparten connosco o entorno.

Naturaleza » Caza e Pesca

SOCIEDADE CLUBE DE CAZA E PESCA DA FONSAGRADA

•Matrícula: LU-10.002

•Couto de caza maior e menor Extensión: 43.323 hectáreas

•Dirección: R/ Os Chaos, s/n. Antigo Instituto.

•Tlf: 609 390 356

O couto de caza da Fonsagrada está considerado como o máis importante de Galiza e un dos máis importantes de España, dada a súa grande extensión (con 43323 hectáreas é o meirande de España) e a abundancia de pezas existentes. Por tal motivo, en 1999 a Xunta de Galiza concedeulle un trofeo distinguíndoo como o mellor couto e con máis eficiente funcionamento.
As especies que poden cazarse son: corzo (en torno a 1.960 exemplares) e xabaril (800 exemplares), como os máis abundantes; perdiz, codorniz, raposo, lebre, (coello extinto), arcea, entre outras.

A temporada hábil abarca dende o 1 de setembro ata o 21 de outubro para o corzo, e dende o 21 de outubro ata o 31 de xaneiro para o xabaril. Tanto nestas coma nas demais especies existe, por suposto, limitación de pezas por batida. O total de días dispoñíbeis para cacerías é de 45 no caso do xabaril, cun promedio de 7 batidas diarias realizadas, e de 8 días no caso do corzo, téndose realizado tamén un promedio de 7 batidas diarias.

Os días da semana en que teñen lugar as batidas do xabaril son os xoves, sábados, domingos e festivos; e as de perdiz os domingos e festivos.
No caso do corzo o couto dispón de permisos para practicar a modalidade de rececho, o que permite conseguir ingresos considerábeis debido ao cobramento dunha cota de inscrición.

Naturaleza » VEXETAIS

VEXETAIS

A continuación enuméranse as especies vexetais máis comúns no concello, indicando as características fundamentáis de cada unha delas.

1. Castanea sativa:

Árbore corpulenta, que pode acadar os 30 ou 35 metros de altura. O porte é dereito cando se deixa medara, pero normalmente vese moi cepado. Tronco dereito e groso, oco de vello debido ós tratamentos. Sistema radical profundo e potente. Casca primeiro lisa, de cor borrallenta ou pardusca, que coa idade se fende lonxitudinalemtne e se volve de cor castaña escura. Copa trasovada ou elipsoidal nos exemplares non cepados, redondeada nos inxertados e cepados, sempre moi ramosa e densa. As ponliñas son glabras, sen gromo terminal e as xemas ovoideas con 2-4 escamas.

Follas precoces, caedeiras, simples, alternas e ás veces algos marcescentes e coriáceas. Pecíolo curto. Limbo de 10-25 cm, oblongo-lanceolado, agudo ou acuminado no ápice, marxe de cor verde brillante pola cara superiro e algo mási pálida polo envés. Presentan nerviación pinnada, rematando os nervios nos dentes.

Amentos erectos ou pendentes, interrompidos, de cor amarela na floración. Flores reunidas nun flomérulo, por cada bráctea; casda unha con 10 estames e perianto dobre, non vistoso. Frolres femininas na base dos amentos masculinos, reunidas en grupos rodeados por brácteas.

Cada cúpula ou ourizo, leva de 1 a 3 aquenios ( castañas) atenuados na base, de cor parda vermella. Ourizo de cor verde amarela, revestido de espiñas longas e remificadas, que se abre por 2-4 valvas, pode acadar ata 10 cm.de diámetro. Os dospés silvestes son de menor tamaño que os cultivados.

Florece en maio-xuño e maduran os froitos no outono, desde setembro a novembro. A polinización realizaa o vento en colaboración cos insectos. A castaña temperá chámase migueleña e a tardía san-martiña.

2. Quercus robur

É unha árbore de grande tamaño que acada os 40-50 metros de trondo dereito e regular e desenrola unha copa irregular e ampla con ponliñas curtas e lampiñas. A casca é lisa nos exemplares novos, de cor verdosa, grisácea ou parda-vermella, rachada e pardusca na madurez. Ten xemas apicais obtusas, angulosas de 2-5 mm; con escamas obtusas, glabras no dorso e algo pestanudas no ápice, glabrescentes e de cor parda-vermellas.

Consta de follas membranosas, sen pelos por ámbalas dúas caras; presenta un limbo aovado ou trasovado-oblongo de 5 a 12 cm por 4 ou 8 cm, obtusas no ápice, pinnatilobuladas con 4 ou 7 pares de lóbulos redondeados e irregulares, de base cordada, xeralmente con marxes inflexas formando aurículas. O peciolo é curto e semicilíndrico.

A floración lévase a cabo ó tempo que as follas, nos meses de marzo a abril. As flores masculinas teñen entre 5 e 8 estames e perigonio glabro, reunidas en amentos co raque glabro ou pouco peloso. As fimininas aparecen agrupadas dúas ou tres sobre un longo pedúnculo glabor, de 3 a 8 cm, e cos estigmas de cor vermella negroide.

As landras son de 12 a 35 mm, de longo, con forma aovado oblonga, nun longo pedúnculo colgante de ata 10 cm; presentan cúpula semiesférica de escamas planos ou algo xibosas, aterciopeladas e soldadas entre sí, agás no ápice. Maduran en setembro e caen no outono.

É especie robusta e de longa vida, xa que pode superar os 1000 anos.

3. Quercus petraea

É coñecido co nome de roble albar. Acada os 35-40 metros de altura, con tronco dereito e máis lanzal que o do carballo, co que garda parecido. Casca pardacenta. Ramiñas glabras. Xemas delgadas e agudas, glabrescentes no dorso.

As follas sécanse no outono para permeneceren un tempo na árbores, cun ton amarelo alaranxado. Son algo máis ríxidas e consistentes cás do carballo, ovovadas, glabras e verdes pola face, máis pálidas polo envés, con algúns pelos sinxelos na axila dos nervios central e laterais, e pelos estrelados nas zonas internerviais. Limbo cuneiforme na base, sen aurículas, de tamaño algo maior que o do carballo, tamén é maior o peciolo, de 10 a 15 cm, cniculado na cara superior.

Flores masculinas como as dos carballos e as femininas agrupadas sobre dun pedúnculo curto ou nulo.

Froitos sentados ou subsentados sobre curtos pedúnculos pubescentes ou lampiños. Cúpula coas escamas libres e empizarradas, cubrindo un tercio da landra.

Florece en marzo e abril, case un mes antes que o carballo. As landras maduran en setembro e outubro. É especie veceira, con boas colleitas cada dous ou tres anos.

4. Fraxinus excelsior

Árbore de 20-30 metros de alto. Tronco recto de cortiza gris rugoso agretada; polas e pecíolos de glabros a densamente pubescentes. Xemas negras e aterciopeladas.

Follas opostas, imparipinnadas, con 7-13 foliolos sentados, oblongo lanceolados, cuneiformes na base, crenulado-serrulados, cos dentes máis numerosos que os nervios laterais, velosos en parte do nervio medio polo envés, raquis suglabro a pubescente; sen estípulas.

Flores hermafroditas ou unisexuais, pequenas, en panículas axilares, ou teminais, sen cáliz nin corola; os estames esta´n reducidos a dúas anteras púrpura-escuras, sentadas; ovarios libres, escuros.

Froito en sámara, estreita, oblongo lanceolada, glabra, oblicuamente truncada ou escotada no ápice.

Florece na primavera e maduran as sámaras no outono.

5. Salix atrocinerea

Árbore que pode acadar os 10-12 metros de altura, de tronco recto e robusto, con copa ampla case orbicular, ponliñas novas pubescentes, glabrescentes de cor parda brillante. Follas alternas, trasovadas ou oblongo-lanceoladas, dúas ou tres veces máis longas que anchas, de tamaño variable, lixeiramente dentadas ou denticulado-onduladas, verdes por arriba e glauco-tomentosas polo envés, cun ton vermello ou ferroso, e destacando de oito a quince pares de nervios. O pecíolo é curto e sublampiño e as estípulas acorazonadas, prontamente caducas e de tamaño variable.

A floración é precoz ou ó tempo que brotan as follas, nos meses de febreiro a abril, xeramente en amentos densos e cilíndricos ou oviformes, sésiles ou subsésiles. AS escamas son bicolores, co ápice atropardusco, moi pelonas. As flores masculinas teñen dous estames que sobresaen longamente da escama, e as femininas un pistilo moi peloso, sobre un pedicelo mito máis longo có nectario.

O froto é unha cápsula tomentosa, coas sementes cubertas de pelos esbrancuxados.

6. Alnus glutinosa

É árbore duns 20-30 metros, cun sistema radical pouco profundo e nódulos nos que viven fungos actinomicetos do xénero Frankia, que poden fixar o azoto atmosférico. A ramificación é de tipo monopódico, a casca é lisa e durante bastante tempo de cor pardo verdosa ou gris escura, e as ponliñas pegañentas agrisadas con moitas lenticelas.

As follas son simples, caducas, alternas, redondeadas e dobremente dentadas e , o mesmo que as puntiñas, pegañentas.

As flores son unisexuais, monoicas, e en amentos agrupados: os masculinos son colgantes, cilíndricos, con escamas que protexena tres flores e con catro estames protexidos or un perianto de catro lóbulos; os femininos son erguidos, con escamas que protexen a dúas flores, sen perianto e cun ovario sésil de dous estigmas avermellados.

A infrutescencia é estrobiliforme leñosa con escamas lignificadas e os froitos son alados monospermos.

Florece nos meses de inverno e os froitos están maduros no outono.

7. Corylus avellana

É unha arboriña que raramente pasa dos 8 metros de altura, frecuentemente ten porte arbustivo, con múltiples tallos desde a base. A copa é ampla e estendida, con ramas potentes que presentan unha casca con lenticelas alongadas de cor esbrancuxada. Tallos recubertos dunha casca parda relucente ou parda grisácea, lisa ou un pouco rachada.

As follas son caducas no outono, simples, alternas, ásperas ó tato, pubescentes ó comezo e sen pelo despois na cara superior, pero con vello persistente no envés, ó menos en nervios e axilas. Teñen o limbo trasovado ou suborbicular, de 5 a 12 cm, acorazonado na base e acuminado no ápice, co borde biserrado. O pecíolo é curto e ten pelos galndulres.

A floración é precoz, nos meses de xaneiro e marzo, anterior á foliación. Amentos masculinos cilíndricos, de 4 a 8 cm, de lonxitude péndulos e conpactos; presentan flores pequens, unha bráctea con catro estames que levan no extremo das anteras unha manchea de pelos. AS inflorescencias femininas teñen forma de xema ovoidea, con brácteas entre as que sobresaen os estigmas vermellos.

Os froitos son núculas ou abelás agrupadas sobre un curto pedúnculo, aovadas ou globosas. Aparecen nunhs cúpula campanulada, membranácea, menor ou máis longa que o froito, dsgarrada en lóbulos desiguais. Fructifica desde o final do verán ata octubro.

8. Betula celtiberica

Árbore que acada os 20 metros de altura, con casca lisa, cinsenta ou esbrancuxada, que racha e toma unha cor amarelenta ou parda na base; nos tallos de exemplares novos e nas ramiñas é máis escura, como tostada, algo tinguida dunha cor parda ou avermellada. Ten ponlas erguidas ou abertas, formando unha copa irregularmente triangular, e ponliñas erguidas ou algo cáidas, ás veces pelosas e con vesiculiñas amarelentas.

A lámina das follas é pubescente, aovado subtriangular ou romboidal, algo coriácea, con punta alongada e estreita e cn borde irregularmente aserrado ou dentado, aparentando ás veces ser biserrado.

AS flores masculinas agrúpanse en amentos cilíndricos, solitarios ou en grupos de 2-3 no extremo das ponliñas ; as femininas sobre o mesmo pé da planta, en gatillos cilíndricos colgantes e solitarios, de tamaño dobre que as inflorencencias femininas. AS brácteas das inflorencencias femininas están divididas en tres lóbulos: un central alongado e con marxe frecuentemente ciliada, e dous laterais moi anchos, subfalcados e case horizontais.

O froito é pequeno, presenta forma de noz lenticular provista de dúas ás lateráis membranosas, tan anchas ou máis ca ela; o ápice da noz é pulverulento.

Brotan as follas nos meses de marzo a abril e florece de abril a maio. Os frotos maduran no verán, de xullo a setembro, aínda que os amentos femininos están xa formados no outono.

10. Prunus avium

Fermosa árbore de 20-25 metros, non espiñosa, con tronco ben formado, de casca avermellada ou agrisada, horizontalmente anelada.

Follas fasciculadas, caedeiras, dobremente dentadas con limbo obovado e apuntado, que leva dúas glándulas vermellas na base.

Flores grandes longamente pedunculadas en inflorescencias umbeliformes; cáliz de 5 sépalos libres e fugaces e corola de 3cm de diámetro con pétalos brancos, estames numerosos e ovario súpero.

O froito é unha drupa carosa doce ou aceda, de cor vermella clara ou escura, menor dun centímetro.

Florece na primavera maduran as cereixas a comezos do verán.

10. Acer pseudoplatanus

Árbore de ata 25 metros, con tronco de cortiza lisa e grisácea de xove e despois con placas escamosas

Follas simples, caducas no outono, opostas, co envés tomentosos en fase xuvenil, logo glabras ou pubescentes nos nervios; limbo de 10-15 cm., palmatilobulado, con 5 lóbulos ata a metade do limbo, aovados, algo acumiados e irregularmente dentados, cos seos agudos e profundos; base do limbo acorazonada ou lixeiramente escotada. Pecíolo longo e de cor vermella-carmín.

Flores hermafroditas ou unisexuais en grande número sobre acios longos e estreitos, péndulos con longos pedúnculos, de cor verde amarelada, con 5 sépalos e 5 pétalos oblongos e libres.

Froito glabro, formado por dúas sámaras unidas e infladas que se prolongan en ás membranosas agudas, estreitas na base e ancheadas no seu extremo, formando entre sí un ángulo recto.

A floración é coetánea coas follas, en marzo e abril, maduran os froitos en setembro e outubro, caendo ó chan a partir de entón.

11. Pinus sylvestris

Árbore que pode acadar os 30-40 metros, con porte cónico cando é nova e que vai facendo máis ou menos irregular co paso do tempo. O sistema radical é robusto. Tronco dereito, cilíndrico, amosando poda natural na parte media e baixa, con casca que se desprende en placas papiráceas de cor asalmonada na parte superior.

Follas aciculares pequenas, de entre 3 e 6 cm, picudas, de cor verde azulada e agrupadas de dúas en dúas.

Flores masculinas en inflorescencias espiciformes amarelas ou violáceas. Conteñen grande cantidade de pole que chega a cubrir o chan. Os cono femininos son pedunculados, vermellos e erectos, aparecen na primavera e tardan dous anos en madurar.

As piñas son pequenas, de 4 a 5 cm, curtamente pedunculadas, colgantes, de cor parda amarela. Piñón pequeno pardusco, con á articulada membranosa.

12. Pinus pinaster

Árbore de 20-30 metros, co sistema radical moi desenvolto. Tronco dereito con casca fendida en teselas anegradas ou pardas, ponlas ergueitas e verticiladas, formando unha copa irregular que dá unha paisaxe de cor verde escura.

As follas son agullas perennes, agrupadas dúas en cada vaíña e son lonas, fortes e punzantes, coas beiras aserradas e sección semicircular.

Igual que tódolos piñeiros é unha árbore monoica, con flores unisexuais, estando os dous sexos, macho e femia, no mesmo pé. Flores masculinas en inflorescencias espiciformes; os estames levan unha laminiña grande e dentada. AS flores femininas aparecen en conos ou piñas, agrupados e pedunculados,saen na primavera e tardan dous anos en madurar.

Estróbilos ou piñas revoltos, alongados, brillantes e picudos, piñóns pardos ou anegrados con á articulada.

É a árbore que caracteriza en maior medida a paisaxe en Galicia, e tamén a que ocupa maior superficie. Parece ser que foi ventureiro en Galicia noutros tempos e cóidase que se reintroduciu no século XVII procedente de Portugal; empregouse abondo e séguese empregando na repoboación forestal.

13. Pinus radiata.

Árbore de 20-30 metros de altura, con sistema radical superficial de pouco desenvolvemento. Tronco dereito con casca fendida de cor escura. Ponlas en verticilos horizontais, copa bastante regular, que ofrece unha paisaxe escura, anegrada.

AS follas son aciculares, como en tódolos piñeiros, en gruos de tres por vaíña; teñen cor verde escura brillante e unha lonxitude de 7 a 15 cm; son blandas e flexibles.

Enflorescencias masculinas abundantes de cor pardo amarela. Os conos femininos son de cor violácea. Florece na primavera e a maduración é bienal.

As piñas aparecen agrupadas en verticilos de 2-3 ou5, son asimétricas, xibosas, podendo permanecer na árbore varios anos sen soltar as sementes. Os piñóns son anegrados, con á estreita e articulada. Esta especie rexenérase ben tralos incendios por favorecer o lume a apertura da piña e a solta das sementes.

14. Pseudotsuga menziesii

Taméncoñecida co nome de Abeto douglas, é unha árbore de gran talla, pode acadar ata 100m de altura. É orixinaria da parte occidental de América do Norte. Ten agullas perennes e ailladas de 2-3 ou 5 cm. Estróbilos de 5-10 cm, colgantes con brácteas trífidas saíntes e escamas persistentes.

Ten madeira de alta calidade e medra axiña polo que é unha importante especie forestal.

15. Eucaliptus nitems.

É unha variedade do eucalipto empregado nas provincias de Coruña e Pontevedra e na costa de Lugo. É moi semellante, aínda que soporta mellor as baixas temperaturas, sendo máis axeitada para zonas do interior e de montaña. Ten a casca rugosa e persistente na base do tronco, pero o resto é lisa de cor grisácea, desprendéndose en longas tiras. A infrutescencia consta de 6 ou 7 cápsulas ovoides, sésiles con superficie brillante e 3 ou 4 valvas ó nivel do disco.

Para ampliar a información pincha no seguinte link:

http://www.anthos.es/intro_v2.html

Plantas mediciñais:

A continuación faise unha breve recopilación das máis comúns, ou das que se poideron coñecer de xeito máis sinxelo.

Alnus glutinosa (L.) Gartner :

Nome común : Ameneiro, amieiro, aliso.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Taninos

A casca e as follas empréganse en menciña popular.

A casca, moi rica en taninos, posúe propiedades astrinxentes. Úsase a cocción por vía oral para a diarrea e desquinesia biliar; tamén se emprega en forma de colutorios ou gargarismos nos casos de estomatite e farinxite.

As follas escaldadas e aplicadas sobre as articulacións teñen unha acción antirreumática.

Uso popular: Da madeira dos amieiros facíanse cestos e zocas.

Corylus avellana L. :

Nome común : Abeleria, abelaira, abraira, avellano.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Taninos, flavonoides, aceite.

As follas son moi ricas en taninos catéquicos e flaconoides, polo que teñen propiedades astrinxentes. Empréganse tamén como tónico venenoso.

A cortiza, pola súa riqueza en tanino, emprégse para cortar diarreas e atallar hemorráxias.

As candeas masculinas recóllense en pleno inverno e úsanse como sudoríficos.

A semente é un bo alimento rico en calorías, e dela extráese un aceite moi rico en ácidos graxos non saturados, principalmente oleico e linoleico.

Allium cepa L. :

Nome común : Cebola, cebolla

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Esencia (diversos sulfuros), flavonas, fermentos, vitaminas A, B e C.

De composición moi complexa. Contén esencia volátil e lacrimóxena de diversos sulfuros, entre eles o disulfuro de alilpropilo. Flavonas, fementos e diversas vitaminas.

En estado fresco, o xugo da cebola é bacterioestático. Acción colerética, estimulante da actividade dixestiva do intestino. Baixa a presión a axuda á rexeneración do sangue no caso de anemia grave. Exteriormente, para facer brotar o cabelo.

Poucos remedios aventáxana na pluralidade de aplicacións. Empregada como diurético e expectorante. En homeopatía adminístrase como desinfectante intestinal no caso de trastornos gastrointestinais. Utilizada no caso de rinite e de neuralxias faciais.

Uso popular: Beber auga de cebola é bo para a tose. Ferver cebola en leite e tomalo axuda a manter a garganta para poder cantar.

Allium sativum L. :

Nome común : Allo, ajo.

Interese como planta medicinal : Principios activos: Aliína, fructosanos e pequenas cantidades de vitamina A, B1, B2, B3 e C.

A Aliína é un aminoácido axofrado que, pola acción da enzina aliínasa contida no bulbo, hidrolízase liberando alician, que en presencia de auga, transfórmase en disulfuro de alilo, responsable de olor tan característico.

O bulbo figura na farmacopea española polas súas propiedades antisépticas, hipotensivas, antihelmínticas e diuréticas.

Emprégase en forma de tintura, modernamente, o po desecado graxeado ou encapsulado para enmascarar o olor e o sabor. Tamén se consume en cru, pero nunca fervido ( "allo fervido, allo perdido") pois perde o disulfuro de alilo.

Nos últimos tempos, o allo recobrou interese terapéutico ó demostrarse a súa eficiencia an prevención e tratamento da arterioesclerose; exerce unha acción reductora do colesterol, vasodilatadora, hipotensora e antiagregante palquetario, así coma unha acción hipoglucemiante e antirreumética.

Uso popular: Comer allos combate as lombrices.

Bellis perennis:

Nome común : Velorita, margarita menor.

Interese como planta medicinal : Ten propiedades expectorantes, béquicas, vulnerarias, antitusígenas e depurativas.

Chelidonium Majus L. :

Nome común : Herba ciruda, ceruda, celidonia, herba da andoriña, herba das verrugas, herba leiteira, leititiña.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Alcaloides isoquinoleicos ( quelidonia, queleritrina, sanguinaria, protopina, berberina, coptisina, estilopirina...etc)

O látex alaranxado desta planta úsase en medicina popular contra as verrugas, calos e durezas.

A planta enteria en infusión emprégase como colerética, antiespasmódica e sadante suave, pero pola súa abundancia en alcaloides non debe usarse por vía interna por ser tóxica e narcótica; ademáis considérase que pode ser oncoxénica se se utiliza de forma continuada.

O seu uso debe limitarse á vía tópica nos casos de verrugas, callos e durezas, frotándoos co látex fresco 2 ou 3 veces ó día, con precaución por ser moi caústico.

Uso popular: O talo desta herba ó cortalo rezuma unha sustancia laranxa que se extende sobre as feridas ( a modo de mercromina). Tomar infusión das follas din que é bo para a diabetes.

Juglans regia L. :

Nome común : Nogueira, noceira, caroleira, concheiro, nogal.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Inositol, vitamina C, taninos gálicos e catáquicos, derivados naftoquinónicos (xuglona).

As follas da nogueira tiveron unha grande reputación como antiescrofuosas. Teñen lixeiras propiedades hipotensoras e hipoglucemiantes e atribuíuselles unha acción tranquilizante; tamén son astrinxentes, polo que as súas infrusións se usan como antidiarreicas e, en uso tópico, empréganse en farinxite, estomatite, feridas, eccemas e psoriase.

A cuberta carnosa das noces ten aplicacións semellantes á follas; en fresco úsase tamén para preparar tinturas para tinguir o cabelo e a madeira.

Ficus carica L. :

Nome común : Figueira, higuera.

Interese como planta medicinal :

Principios activos. Azucres, proteínas, sales, vitamina A e B, goma.

Como propiedades podemos destacar o seu emprego como pectoral, laxante, emoliente, enerxético e antifurunculótico.

O uso máis frecuente do siconio é como comestible, dado o seu alto contido en principios nutritivos, pero tamén pode empregarse como decocción ou emplasto.

O figo proporciona un elevado número de calorías, é de fácil dixestión e similación. O látex branco que emana das follas actúa como analxésico nas picaduras de insectos. As follas da figueira da variedade de froito negro serven en decocción como tintura para ennegrecer os cabelos, mentres que a decocción dos brotes xoves actúa coma un óptimo pectoral.

Uso popular: O látex branco dos figos emprégase par quitar as verrugas, posto sobre a verruga queímaa e cae.

Malus domestica Borkh :

Nome común : Mazaira, maceira, macira, mancieira, mazanceira, mazanceiro, manzano.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: pectinas, ácidos málico, cítrico e cloroxénico, galactósidos e tanino.

Os froitos maduros son ricos en pectinas, que exercen unha acción reguladora do tránsito intestinal e protectrora da mucosa, polo que se empregan estes froitos con éxito nas afeccións gastrointestinais infantís e no retraemento.

Prunus avium L. :

Nome común : Cerdeira brava, cereixeira, cereixo, marouviña, cerezo silvestre.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Sales de potasio, flavonoides e taninos catéquicos.

Os pedúnculos dos froitos empréganse en cocción como diuréticos en caso de oliguria, edemas e obesidade. Deben a súa acción ó contido en sales de potasio e á presencia de flavonoides e taninos catéquicos.

Os froitos, ademáis do seu valor alimenticio, empréganse para fabricar un xarope medicinal, utilizado como correctivo do sabor e cor en moitas preparacións farmaceúticas.

Rubus fruticosus L. :

Nome común : Silva, albariña, xibarda, zarza.

Interese como planta medicinal :

As follas e brotes tenros conteñen mito tanino e utilízase a súa cocción com astrinxente e antidiarreica. En gararismos emprégase nos casos de xenxivite, farinxite e aftas. En forma de compresas úsase para acelerar a cicatrización das úlceras e feridas, e en irrigación, na vaxinite.

Os froitos ou amoras son astrinxentes e con elas prepárase un zume ou xarope que é lixeiramente astrinxente.

Ilex aquifolium L.:

Nome común : Acevro, xardón, acivro, acevo, acivo, acebo.

Interese como planta medicinal : As follas, de composición química mal coñecida, considéranse diuréticas e laxantes, que tamén se lles atribué propiedades antirreumáticas, antigotosas e antipiréticas.

Os froitos a dose baixa son purganes drásticos, e a dose maior causan fortes diarreas, vómitos e convulsións, podendo producir intoxicacións mortais nos nenos.

Lycopersicum sculentum Miller :

Nome común : Tomateiro, tomateira, tomate.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: glucoalcaloide ou tomatina.

As follas conteñen un potente glucoalcaloide, a tomatina, bastanate tóxico para o home e animais domésticos, pero é interesante polas súas propiedades antifúnxicas fronte ós fungos patóxenos.

Os froitos maduros apenas conteñen glucoalcaloides e empréganse an alimentación humana. Teñen escaso valor nutritivo, debido ó seu alto contido en auga e reducido poder enerxético, o que os fai interesantes, xunto co alto contido en vitamina C e caroteno, como integrantes das dietas hipocalóricas de adelgazamento.

Solanum tuberosum L. :

Nome común : Pataca, baloca, patata.

Interese como planta medicinal : A fécula extraída dos tubérculos está inscrita na farmacopea española; emprégase en mediciña popular como emoliente (remedio popular contra as queimaduras) en forma de cataplasmas e cubrindo de po contra os proídos dos nenos. Os laboratorios famaceúticos empregan grandes cantidades como excicpiente de comprimidos e cápsulas, e a industria, ademáis da alimentaria, emprégaa para apresto de tecidos e encolar papel.. O zume exprimido da pataca ten unha lixeira acción espasmolítica e antiaceda, polo que foi empregada en casos de gastrite e úlcera gastroduodenal

Osmunda regalis:

Nome común : Dente de agrón, helecho real

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Tanino, osmundina, ácido filícico, mucílagos.

Emprégase o rizoma que ten propiedades diuréticas, astrinxentes e vulnerarias.

Modo de emprego: Polvos, decocción, enolito e tintura.

Cas frondes fabrícanse colchóns e almofadas que desenrolan unha pretendida acción antirrumética. Úsase a miúdo como pranta ornamental de interior. Externamente posúe algunha eficacia nos emplastes sobre feridas ou nas zonas atacadas de reuma.

Uso popular: Tomar infusión de dente de agrón axuda a curar o mazado.

Pisum sativum :

Nome común : Chícharo, Guisante.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Proteínas, lecitinas, hidratos de carbono, graxas, sales.

A semente ten valor nutritivo e ademáis posúe acción específica contra numerosas dermatoses. Para iso empréganse mascarillas de froitos frescos aplicadas sobre peles con acné ou rugosas. Prepáranse tamén cremas con idéntica finalidade, que conteñen xugos concentrados de chícharos.

Plantago lanceolata L. :

Nome común : Lingua de ovella, chantaxe, llantén menor, llantén de hoja estrecha.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Mucilaxes, tanino, heterósicos cromóxenos.

A planta enteria e, sobre todo as follas utilízanse en medicina popular polas súas propiedades antiinflamatorias, emolientes, balsámicas, astrinxentes, antiinflamatorias e cicatrizantes.

Empréganse as coccións da planta enteria e o extracto fluído para tratar afeccións das vías respiratorias e como antidiarreica. En uso tópico utilízanse as cataplasmas das follas frescas machacadas para o tratamento das feridas, picaduras de insectos e úlceras varicosas; as infusións, en forma de baños oculares, contra a conxuntivite e a blefarite; e os gargarismos nos casos de farinxite, traqueíte e amigdalite.

As sementes, aínda que con menor contido en mucilaxe que eoutras especies do xénero, pódense empregar como emolientes e laxantes.

Recentemente as coccións de lingua de ovella empregáronse cos bos resultados no tratamento da colite ulcerosa.

Uso popular: As follas untadas con aceite morno colócanse sobre as pernas.

Plantago major L.:

Nome común : Chantaxe, llantén común, llantén de folla ancha.

Interese como planta medicinal : Ten unha composición e propiedades terapéuticas parecidas á lingua de ovella.

A cocción de chantaxe de folla ancha emprégase par baixar o contido do colesterol sanguíneo.

Uso popular: Según xente chegada de Venezuela esta planta é boa para todos os males, naquel país anda moi buscada e págase ben. Popularmente dise que a infusión de chantaxe é boa para a tensión e o colesterol (para esto é incluso consumida en ensalada)

 

Castanea sativa Miller :

Nome común : Castiñeiro, castiro, castaño.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Tanino gálico.

Utilízanse como medicinais as follas e a casca como antidiarreico e colutorio, e os gargarismos son bos para combater inflamacións de gorxa e boca.

A castaña é moi alimenticia: Contén en fresco un 40% de hidratos de carbono, 26% de lípidos e 4% de proteínas. O seu poder enerxético son 199 Kcal por cada 100 gr.

 

Quercus robur L. :

Nome común : Carballo, roble.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Taninos.

Emprégase en mediciña popular tanto a cortiza dos troncos novos como os bugallos. Posúen unha acción astrinxente, antidiarreica e hemostática. Pola abundancia en taninos pode producirse irritación gástrica, no caso de abusar deste remedio.

En uso tópico emprégase en queimaduras, eccemas, estomatite, farinxite e hemorroides.

Antigamente a cortiza foi moi empregada nas tenerías para o curtido das peles.

Taraxacum officinale Weber :

Nome común : Mexacán, pariporcas, dente de leon.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Inulina, principio amargo, resina, derivados triterpénicos pentacíclicos, vitaminas B e C, flavonoides e cumarinas.

A raíz e a folla figuran inscritas en numerosas farmacopeas polas súas propiedades diuréticas.

Empréganse, para uso externo, as coccións de raíces e follas. É un excelente colgogo, empregado nas enfermidades hepáticas e un bo depurativo, que goza de grande reputación no tratamento de eccemas, furúnculos, etc. O principio amargo convírtea en estimulante do apetito e ademais actúa como laxante suave.

As raíces torrefactadas empréganse, igual que a chicoria, como sucedáneo do café. As follas consómense en ensalada.

 

Urtica dioica L.:

Nome común : Herba do cego, estruga, ortiga, ortiga mayor.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Clorofila, sales minerales, ácidos orgánicos, mucilaxe, unha substancia hitamínica e acetilcolina.

A planta recolectada no momento da floración emprégase, fresca ou desecada, como antianémica, hemostátia e antidiabética. As follas frescas conteñen clorofila, sales minerais, ácidos orgánicos, e mucilaxe.

As follas e os talos teñen pelos urticantes que conteñen unha substancia histamínica e outra que actúa como a acetilcolina.

Uso popular: Á infusión de ortiga opóñenselle propiedades para favorecer a circulación, así como propiedades diuréticas.

 

Cytisus scoparius Link :

Nome común : Xesta, xesta brava, xesta negra, xesta molar, xesta moura, xesteira, retama de escobas.

Interese como planta medicinal :

Principios activos: Flavonoides, alcaloides e aminas aromáticas.

As flores, recollidas unha a unha e desecadas rápidamente, empréganse en infusión ou cocción como diuréticos. As ramas empréganse para a extracción da esparteína, alcaloide que actúa a nivel do corazón como gangliopléxico, suprimindo a excitabilidade anormal e as palpitacións.

Ademáis a esparteína estimula as fibras do útero podendo actuar de oxitócico no parto, facilitando a expulsión do neno.

Non é recomendable o emprego desta planta na mediciña popular, pois a doses altas pode producir trastornos cardiovasculares.

Uso popular: Empregada para facer vasoiras, e tamén para poñer nas portas das casas na noite de San Xoán para espantar ás meigas.

Ulex europaeus L. :

Nome común : Toxo, toxo arnal, argoma, toxo bravo, toxo macho...etc

Interese como planta medicinal : A planta contén citisina, un alcaloide de acción tóxica sobre os ganglios ós que primeiro excita e logo paraliza. Nas sementes, o contido en citisina é máis elevado, polo que se debe descartar o seu emprego na mediciña popular. As flores empréganse en infusión contra as enfermidades do fígado

Ruta graveolens L. :

Nome común : Ruda

Interese como planta medicinal : Principios activos: Aceite esencial (cetonas, alcoholes, ésteres, terpenos) glucósido (vitamina P)

Recoléctnase as sumidades flordias ó empezar a abrirse as follas. Pranta moi tóxica, non é recomendable o seu uso por vía interna.

A esencia de ruda provoca irritacións locais. A rutina aumenta a resistencia dos capilares sanguíneos, evita a súa ruptura e as hemorraxias subseguintes.

Na homeopatía utilízase a esencia extraída da planta fresca para fortificar os ollos e no caso de reumatismos, neuralxias e menorraxia. No campo utilízase todavía a ruda en gargarismos, en infusión e como estomacal, carminativo, antiespasmódico, diaforético, e como emenagogo e incluso como abortivo (práctica hoxe en día en desuso debido á súa toxicidade xa que a doses altas produce metrorraxias, gastroenterite, confusión mental e incluso a morte).

Uso popular: A ruda é venenosa, por iso non se toma, frétanse nas mans e pásante polo peito para combater as lombrices.

Din que a ruda non se pode roubar, haina que pedir, se a roubas, seca.

Foeniculum vulgare Miller :

Nome común : Hinojo, fiúncho, anís...etc

Interese como planta medicinal : O froito, recollido na farmacopea española, ten propiedades antiespasmódicas, carminativas e diuréticas. O principio activo é un aceite esencial moi rico en anetol na variedade doce, mentres que na amarga contén ademáis una acetona terpénica, a fenchona.

Os froitos, sobre todo os da variedade doce, empréganse en infusión como carminativos e dixestivos, e, en uso externo, diminúen as inflamacións dos ollos; mesturados con outras plantas galactóxenas, empréganse para favorecer a secreción de leite. A raíz recolectada no outono e desecada utilízase en cocción como diurética. As follas frescas empre´ganse en cataplasmas como vulnearias. Ademáis, os brotes tenros cómense en ensalada, a planta utilízase como condimento e os froitos empréganse na preparación dos licores.

Umbilicus rupestris (Salisb.)Dandy :

Nome común: Ombligo de Venus, pucho das paredes, cusillo, gorretes, coucelo, croques, capelo...etc

Interese como planta medicinal: As follas frescas empregáronse como diuréticas e, en uso tópico, como vulnerarias e contra as picaduras dos insectos. Úsase o zume das follas por vía oral ou as follas machacadas aplicadas sobre a úlcera e cubertas por unha venda, no caso de aplicacións externas.

Uso popular: As follas frétanse nos pés para curar os sabañóns.

Digitalis purpurea L. :

Nome común: Croque, sanxoán, estralote, dedaleira, dediles, belitroque...etc

Interese como planta medicinal: A folla figura tanto na farmacopea española como noutras, debido ás súas interesantes propiedades cardiotónicas. Toda a planta é moi tóxica e non se debe empregar en autotratamentos.

A tintura da dedaleira foi moi empregada por prescrción facultativa para o tratamento da insuficiencia caríaca e alteracións do ritmo, pero a estreita marxe entre a dose terapéutica e a tóxica, unida á dificial eliminación dos principios activos, determinou que deixara de utilizarse, empregándose desde entón preparacións farmaceúticas semisintéticas.

Laurus nobilis L. :

Nome común: Loureiro, laurel

Interese como planta medicinal: As follas e os froitos empréganse dende a antigüidade en medicina popular. As follas úsanse como condimento e estimulante das funcións dixestivas.

Dos froitos obtense a manteiga de loureiro, empregada soa ou como compoñente doutras pomadas para a reuma e enfermidades cutáneas. Ös froitos atribuíronselles propiedades carminativas, emenogogas e diuréticas.

Uso popular: As ramas do loureiro son as que se levan á misa de ramos, e logo, unha vez benditas, deixase unha na porta para espantar os meigallos.

O loureito empregábase cando se traballaba o liño para aclarar e darlle bo olor as meadas.

Nas comidas úsase como condimento.

Pinus pinaster Sol in Ait. Subsp. Atlantica Huguet del Villar :

Nome común: Piñeiro do país, piñeiro bravo, pino negral

Interese como planta medicinal: Do piñeiro obtéñense gran variedade de productos: Trementina do piñeiro, esencia da trementina, xema do piñeiro e colofonia.

As xemas foliares son utilizadas na medicina popular en forma de infusión para o catarro bronquial crónico, gota e reuma.

Para ampliar a información pincha no seguinte link:

http://www.anthos.es/intro_v2.html





Contacte con nós para máis informacion.

apartamentos rurales y turisticos en lugo, galicia alquilar apartamentos turisticos lugo vacaciones en apartamentos turisticos de galicia casa rural en lugo, galicia, alquiler de apartamentos turisticos casa de campo para alquilar en lugo, galicia apartamentos rurales de lujo en a fonsagrada hotel rural en galicia casa de campo en galicia ofertas de vacaciones en lugo, galicia. vacaciones de semana santa casa de campo, alquiler de apartamentos turistcos y rurales turismo rural en galicia, camino de santiago
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
image