apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
 
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image

Gastronomía

O apartado gastronómico é unha homenaxe á sinxeleza e naturalidade das súas terras. Debe destacarse o tan coñecido butelo, un tipo especial de embutido tradicional desta zona, elaborado artesanalmente a base de carne de cocho, cuxa técnica de elaboración representa en sí mesma unha longa tradición que pasou de pais a fillos. Suponse que a orixe deste embutido xurdiu ante a necesidade de conservar a carne porcina, curándoa ao fume, sempre con lume de leña.

O seu agradábel sabor supón que moitos padais poidan distinguir na súa mesa o butelo da Fonsagrada, O Butelo de Fonsagrada, así como outros productos cárnicos (chourizo, soá, touciño, etc.).

Asimesmo debemos suliñar a aparición de productos cárnicos derivados do “Porco Celta”.

Ademáis, deben mencionarse outros produtos típicos como as castañas e as cogumelos, recolectadas nos montes circundantes, patacas de moi boa calidade, o cocido típico a base de grelos e carne de cocho, os freixós (crepes) e pratos elaborados a base de caza maior e especies fluviais.

En canto aos postres non podemos deixar de probar tamén o saboroso Pastel da Fonsagrada (típico da zona, elaborado con améndoa e crema pasteleira) e en Semana Santa a típica rosca do Campelo (elaborada con manteiga, fariña de trigo...).

Tamén, aproveitando o medio natural e, concretamente, a grande extensión de monte, o mel da Fonsagrada goza dun recoñecido prestixio.

Artesáns na elaboración do Butelo

Manufacturas Cárnicas A Fonsagrada. Padrón, s/n. 982 340 332 / 982 350 121

Embutidos RM, Avda. de Asturias, 16. 982 340 189

Embutidos Buenavista. C/Mayor, 6. 982 340 031

Butelos artesanos Tita. Vilarello s/n. 982 174 276 / 686 770 329

Artesáns na elaboración de Doces

Confitería y Panadería BARREIRA(Casa Rucha).Avda.Galicia nº14 982 340 175




Contacte con nós para máis informacion.

apartamentos rurales y turisticos en lugo, galicia alquilar apartamentos turisticos lugo vacaciones en apartamentos turisticos de galicia casa rural en lugo, galicia, alquiler de apartamentos turisticos casa de campo para alquilar en lugo, galicia apartamentos rurales de lujo en a fonsagrada hotel rural en galicia casa de campo en galicia ofertas de vacaciones en lugo, galicia. vacaciones de semana santa casa de campo, alquiler de apartamentos turistcos y rurales turismo rural en galicia, camino de santiago
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
image