apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
 
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image

Lugares interesantes onde ir

Onde ir

Situado en pleno corazón das serras orientais de Galiza e enmarcado nunhas inmellorábeis paraxes de montaña, o carácter montañoso constitúe o principal atractivo turístico do concello. A disposición de interesantes espazos naturais (contando con áreas protexidas) posibilita o turismo ecolóxico e de montaña. Así pois, o concello conta con amplas zonas para gozar do ambiente, así como posibilidades para a práctica da caza e a pesca, rutas de sendeirismo, áreas recreativas, etc.

Mención especial merece tamén a riqueza etnográfica da zona, destacando construcións típicas rurais como os hórreos de planta cadrada e as pallozas; restos de antigos mazos ou de fornos de fundición férrea.

En canto ao patrimonio arquitectónico, consérvanse no concello algunhas igrexas e capelas de interés artístico, así coma restos de arquitectura civil (casas nobres, restos dunha antiga fortaleza...).

O noso concello conta con grande número de vestixios da época pre e protohistórica: mámoas, castros e minas romanas, que dotan á zona dunha considerábel riqueza arqueolóxica.

Destaca tamén o paso pola Fonsagrada do Camiño Primitivo, antiga ruta de peregrinación a Santiago de Compostela e actualmente en fase de recuperación. Constitúe un itinerario natural e paisaxístico de grande interese e beleza.

PRINCIPAIS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DO CONCELLO:

RECURSOS NATURAIS

•As Seimeiras de Queixoiro

•A Seimeira de Vilagocende

•Numerosas fervenzas.

•Os Teixos milenarios de Carballido

•A Fraga de Carballido (fraga autóctona protexida)

•A Fraga de San Xes Logares

•O Carballal das Veigas (fraga autóctona de carballos) en Allonca

•Encoro de Salime, compartido cos concellos de Negueira de Muñiz e San Antolín de Ibias.

•Alto de Pedras Apañadas (1200 m. ) no Acebo

•Alto do Muradal (1111 m.)

•Serra do Hospital de Montouto (1102 m.)

RECURSOS ARQUEOLÓXICOS

Monumentos megalíticos: Cen Mámoas sendo visibles varios dólmenes algúns en bó estado de conservación.

84 asentamentos castrexos distribuídos por todo o concello, o que demostra o asentamento dende hai miles de anos e a súa relación cos concellos limítrofes. Na actualidade estase estudando o Castro de Moreira para, coñecer esta relación.

INFRAESTRUTURAS DE OCIO E TEMPO LIBRE

•Praia fluvial "A Pena do Inferno" de Naraxa

•Área recreativa "A Ferrería"

•Área recreativa "O Pastizal" do Padrón

•Área recreativa "A Gamalleira" da Fonsagrada

•Área recreativa e capela de Silvela

•"A Alameda" da Fonsagrada.

•Pedras Apañadas (vista panorámica) O Acebo

•Mirador de Arexo, así como fermosos miradoiros espallados por todo o Concello.

PUNTOS DE INTERESE CULTURAL E ETNOGRÁFICO

•Museo Etnográfico A Fonsagrada.

•Ruta do Camiño Primitivo de peregrinación a Santiago. Atravesa o concello.

•Real Hospital de Peregrinos de Stgo. de Montouto (ruinas). Montouto.

•Igrexas Románicas (Lamas de Moreira, Vilabol de Suarna, Pobra de Burón).

•Ruinas da Fortaleza. A Pobra de Burón.

•O Mazo da Porteliña. A Porteliña.

•“A Fábrica" (restos de antigos fornos de fundición férrea). A Fornaza.

•Antigo mazo de laminación férrea (ruinas). A Ferrería-Vilar da Cuiña.

•Pallozas. Pedrouzos, Paradavella, Maderne, Ervellais,...

•Antigos muíños de auga. Lamas de Moreira, Vilaframil, San Pedro de Neiro, ...

•Hórreos típicos. Distintas aldeas do concello.

RUTAS DE TURISMO RURAL en A Fonsagrada

Hai 6 rutas estructuradas e sinalizadas, circulares ou en bucle, doadas de facer, incluso a cabalo ou en bicicleta, onde poderemos atopar un resumo do que é o noso fermoso e agarimoso Concello.

Hai outras zonas de interese, para expertos senderistas, como o camiño da Fonsagrada a San Antolín de Íbias a carón do río Lamas-Navia, “feito a mán”, pero sen rematar polo ano 1940. Así como diversos camiños en zonas agrestes e boscosas como : Carballido, Monteseiro, Santestebo, etc. Debido o dificultoso destas rutas, é aconsellable recibir información “in sitú” no propio Concello de A Fonsagrada.

Feiras e Festas

En canto a celebracións populares, en primeiro lugar podemos pasear pola feira-mercado que se celebra cada primeiro e terceiro sábado de mes, onde podemos gozar das transacións gandeiras que teñen lugar no Campo da Feira.

A grande maioría das festas celébranse nos meses de primavera e verán, destacando as seguintes:

•O Antroido, no mes de febreiro.

•Feira do Butelo", unha semana antes dos Carnavais (feira de exaltación gastronómica deste produto típico).

•Festa de San Benito, en San Pedro de Neiro no mes de xuño.

•Corpus Christi, na Fonsagrada no mes de xuño. Ofrendas florais. Día de primeiras comunións.

•Romaría do Santiago, no antigo Hospital de Montouto o 25 de xullo.

•Festas do Emigrante, na Fonsagrada en agosto.

•Festas de San Roque, en Lamas de Campos o 16 de agosto.

•Festas das Neves, en Maderne o 5 de agosto.

•Festas de Setembro (festas patronais), os días 8, 9, 10 e 11 de setembro.

•Feira do cabalo.

Contacte con nós para máis informacion.

apartamentos rurales y turisticos en lugo, galicia alquilar apartamentos turisticos lugo vacaciones en apartamentos turisticos de galicia casa rural en lugo, galicia, alquiler de apartamentos turisticos casa de campo para alquilar en lugo, galicia apartamentos rurales de lujo en a fonsagrada hotel rural en galicia casa de campo en galicia ofertas de vacaciones en lugo, galicia. vacaciones de semana santa casa de campo, alquiler de apartamentos turistcos y rurales turismo rural en galicia, camino de santiago
apartamentos rurales turisticos en lugo, galicia
image
image